Como funciona
Paso 1
Descarga a app
Cargar o teu vehículo eléctrico en Zunder é moi sinxelo. Descarga a APP de Zunder, dispoñible para Android e iOS e crea a túa conta de usuario.
Paso 2
Engade o teu método de pagamento
Para engadir o teu medio de pagamento fai clic en “Perfil>Medios de pagamento”. Na parte superior dereita da pantalla atoparás a opción de “+Engadir” o teu medio de pagamento. Completa os datos da túa tarxeta e fai clic en “Aceptar”. A túa entidade bancaria solicitarache unha confirmación. Este proceso é gratuíto e non ten ningún cargo asociado.
Paso 3
Comeza a túa carga
Fai clic no botón circular central da APP de Zunder, escanea o código QR ou insire manualmente o número identificativo do conector que vaias utilizar.
Paso 4
Finaliza a túa sesión de carga
Accede á túa sesión de carga activa facendo clic no botón circular central da APP de Zunder. Fai clic en “Deter carga” para finalizar a túa sesión. Desconecta o teu vehículo e goza da viaxe. Vémonos axiña de volta!

Como cargar en Zunder?
Usuarios rexistrados en Zunder

Botón central da APP
Escanea o código QR ou insire manualmente o número identificativo do conector que vaias utilizar.
Mapa da APP
Fai clic na estación de carga na que te atopes e escolle o conector que vaias utilizar. (Recomendámosche habilitar a localización GPS mentres utilizas a APP de Zunder para mellorar a experiencia).
A primeira vez que utilices esta función, a APP de Zunder necesitará facer o rexistro do teu vehículo para que a vindeira vez que conectes o teu vehículo eléctrico comeces a cargar de xeito automático.
Comproba na nosa APP onde gozar de Plug&Charge.
Sabes se o teu vehículo é compatible? Engádeo na APP de Zunder para descubrir se podes utilizalo.

Chaveiro RFID de Zunder
Sen necesidade de utilizar o teu teléfono, comeza a túa carga aproximando o teu chaveiro RFID de Zunder ao lector do cargador que vaias utilizar.
Se o cargador que estás a utilizar ten pantalla táctil, selecciona primeiro o conector que vaias utilizar.
Aínda non tes o teu chaveiro RFID de Zunder? Podes adquirilo desde a APP de Zunder accedendo a “Menú>Tenda”. Ten un custo de 19,95 € e inclúe 10 € de saldo para trocar en calquera estación de carga de Zunder. Recibirás o teu chaveiro RFID no enderezo postal que figure no teu perfil de usuario xunto coas instrucións para activalo.

Apple Watch
Cando esteas nunha estación de carga de Zunder, accede á APP de Zunder desde o menú de esferas do teu Apple Watch e inicia a túa sesión de carga.
O teu Apple Watch indicarache cando podes conectar o teu vehículo e comezar a túa carga. Durante o proceso de carga poderás acceder a todas as métricas e rematar a túa sesión facendo clic en “Parar”.
Se utilizas Car Play ou Android Auto tamén poderás comezar a túa sesión de carga desde a extensión de Zunder para estas plataformas.
Na pantalla do teu vehículo eléctrico poderás ver as estacións de carga de Zunder máis próximas á túa posición.
Fai clic sobre a estación de carga na que te atopes. Elixe a potencia que desexas e selecciona o conector que vaias utilizar. O teu vehículo indicarache cando podes enchufar e comezar a túa sesión de carga.

Interoperabilidade
Utiliza a APP de Zunder en puntos de carga doutros operadores dispoñibles en Europa.
Fai clic na icona de “filtro” dispoñible no mapa da APP de Zunder. Activa a opción “Tipo de cargadores>Outros” e despois preme en “Filtrar”. Xa poderás ver no mapa todos os puntos de carga doutros operadores nos que podes cargar utilizando a APP de Zunder.
Carga empregando os TPV que se atopan nos nosos cargadores.
- Sen necesidade de rexistro
- Insire ou aproxima a túa tarxeta ao TPV
- Segue os pasos da pantalla
- Conecta o teu vehículo e carga
App de Zunder

Plug&Charge

Chaveiro RFID

Android Car/Car Play

Carga con TPV
Carga empregando os TPV que se atopan nos nosos cargadores.
- Sen necesidade de rexistro
- Insire ou aproxima a túa tarxeta ao TPV
- Segue os pasos da pantalla
- Conecta o teu vehículo e carga
Sen rexistro
0,42€/kWh
En cargas de ata 50 kW de potencia
0,55€/kWh
En cargas de máis de 50 kW de potencia
Suscripción 9,99€/mes
0,39€/kWh
En cargas de ata 50 kW de potencia
0,45€/kWh
En cargas de máis de 50 kW de potencia
Subscríbete e aforra desde a túa primeira carga
Con 1 carga ao mes, xa estarás sacándolle partido á túa subscrición*.
Cantos máis kWh cargues, maior será o aforro.
E sen permanencia!
* Tomando como referencia unha carga completa nun coche en cargadores de potencia superior a 50 kW, tendo cargado, polo menos, 67 kWh.
Tarifa xeral
0,30€/kWh
en cargadores de ata 22 kW de potencia
0,50€/kWh
en cargadores de 22 kW a 150 kW de potencia
0,54€/kWh
en cargadores de potencia superior a 150 kW
Suscripción 9,99€/mes
0,39€/kWh
En cargas de ata 50 kW de potencia
0,45€/kWh
En cargas de máis de 50 kW de potencia