O tempo que tarde o teu vehículo eléctrico en cargar depende principalmente de 3 factores
- Capacidade da batería do teu vehículo
- Potencia subministrada polo cargador
- Enerxía que é capaz de aceptar o teu vehículo eléctrico
Un factor que cómpre ter moi en conta é que a maioría de vehículos eléctricos soportan altas potencias de carga ata chegar ao 80% da súa capacidade. Despois, a potencia decae para conservar a saúde da batería. Isto supón que se queremos cargar o noso vehículo a tope, o tempo de espera alongarase bastante.
Unha forma aproximada de calcular o tempo que tardará o noso vehículo en cargar é dividindo a capacidade da batería entre a potencia de carga.
Porén, os vehículos adoitan indicar nas súas pantallas interiores o tempo estimado de espera ata chegar á porcentaxe de carga que desexemos.